Sábados no Cruceiro – Programa 50: Cos actores Paula Gallego e Miguel Lago

por Sábados no cruceiro

Os actores ferroláns Paula Gallego e Miguel Lago Casal visitaron o programa para presentar Los que vienen, a nova película de Víctor Català. Ambientada na Galicia rural de 1976, a longametraxe combina terror, drama e fantasía nunha historia marcada polo folclore, as lendas e a presenza de forzas sobrenaturais. Durante a conversa, ambos repasaron as súas traxectorias profesionais.

También te puede interesar